Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Mariscadores a Pé Santa Lucía-Moaña.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Economía, Emprego e Industria da Xefatura Territorial de Pontevedra están depositados os estatutos da Asociación de Mariscadores a Pé Santa Lucía-Moaña, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Pontevedra (concello de Moaña).

Especialidade subxectiva e de obxectivos: defender os intereses profesionais dos seus asociados respectando os principios democráticos, sen distinción de sexo, raza, opinións políticas ou relixiosas e procurando a colaboración entre os seus socios.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas mariscadoras autónomas profesionais, con permiso de explotación (Permex), que estean incluídas no ámbito de aplicación de artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: Manuel González Cruz e outros.

Pontevedra, 6 de xullo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra