Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0020/2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 29 de xuño de 2016

Xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0020/2016

José Luis Pareja García

Resolución

Xefe territorial

ANP-PO-0015/2016

Mihaita Florin Borcea

Proposta

Instrutor