Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se emprazan varias persoas ou entidades interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes tramitados por ese órgano (expediente XA 077-16 e dez máis).

Nas datas que para o efecto se indican no anexo, a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ditou os laudos correspondentes aos expedientes que, así mesmo, se relacionan. Porén, unha vez intentada a notificación presencial deses laudos consonte o artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta non puido ser completada para unha ou varias das partes afectadas.

En consecuencia, e segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da mesma lei, emprázanse as persoas ou entidades interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Dirección Xeral de Mobilidade), sita na praza de Europa, 5A, 2º andar, Área Central, As Fontiñas (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

(Artigo 9.6 do Real decreto 1211/1990)
Pablo Amenedo Bermúdez
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

ANEXO

Expediente

Reclamante/s

Reclamado/s

Parte pendente de notificar

NIF

Data do laudo

Sentido do laudo

XA 077-16

Estrada de Transportes, S.G.C.

Barcetrans, S.L.

Barcetrans, S.L.

B63446306

10.5.2016

Estímase a reclamación

XA 208-15

José Luis Sánchez Jato

Miguel Gudiño (Soluciones Logísticas AG)

Miguel Gudiño (Soluciones Logísticas AG)

80066369B

12.4.2016

Estímase a reclamación

XA 235-14

González Rivero, S.L.

Urpe Operadora, S.L.

Urpe Operadora, S.L.

B36938645

2.2.2016

Desestímase a reclamación

XA 250-15

Transportes del Lérez, S.C.G.

Agroindustrial de Xinzo, S.L.

Agroindustrial de Xinzo, S.L.

B32336562

5.4.2016

Estímase a reclamación

XA 251-15

Estrada de Transportes, S.C.G.

Timetir-3, S.L.

Timetir-3, S.L.

B25412461

5.4.2016

Estímase a reclamación

XA 283-15

Galimartrans, S.L.

Translogística Pérez, S.L.

Translogística Pérez, S.L.

B36894723

5.4.2016

Estímase parcialmente a reclamación

XA 357-15

Logaldis Coruña, S.L.

Domingo Molinos Sobral (Recambios Domingo Molinos Competición)

Domingo Molinos Sobral (Recambios Domingo Molinos Competición)

53483934X

10.5.2016

Estímase a reclamación

XA 373-15

Lameiro Express, S.A.

Transportes Teolindo dos Coruña, S.L.

Transportes Teolindo dos Coruña, S.L.

B27204726

5.4.2016

Estímase parcialmente a reclamación

XA 380-15

María Soledad Giménez Torres

Servicios Urgentes Alhaurin 2008, S.L. (TIPS@)

Servicios Urgentes Alhaurin 2008, S.L. (TIPS@)

B92953876

5.4.2016

Estímase a reclamación

XA 490-15

Estrada de Transportes, S.C.G.

Transoromana de Servicios, S.L.

Transoromana de Servicios, S.L.

B91847814

5.4.2016

Estímase a reclamación

XA 491-15

Estrada de Transportes, S.C.G.

Transoromana de Servicios, S.L./Tomates del Guadiana, S. Coop.

Transoromana de Servicios, S.L.

B91847814

5.4.2016

Estímase a reclamación