Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre a ampliación e adaptación de taller de reparación para a súa conversión en centro autorizado de tratamento (CAT) de tractores e maquinaria agrícola en Ferreiros, no concello do Pino, promovido por Mateo Fernández Reinoso (clave 2015/0229).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 21 de xuño de 2016 relativo á ampliación e adaptación de taller de reparación para a súa conversión en centro autorizado de tratamento (CAT) de tractores e maquinaria agrícola en Ferreiros, no concello do Pino, promovido por Mateo Fernández Reinoso (clave 2015/0229).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental