Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31726

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Art Ourense do concello de Ourense.

O centro privado Art Ourense do concello de Ourense solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) de asesoría de imaxe persoal e decorativa.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS de asesoría de imaxe persoal e decorativa. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Art Ourense.

Código do centro: 32020793.

Domicilio: rúa Progreso nº 34.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: María Carmen Martínez Pereira.

Ensinanzas autorizadas:

• 1 CM de peiteado e cosmética capilar (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS de asesoría de imaxe persoal e decorativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

Román González Rodríguez
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria