Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no anexo I ao prego de cláusulas administrativas particulares do expediente 2016/CSEA1/000002.

Advertido un erro material no punto 11.1 do anexo I de especificacións do contrato do expediente 2016/CSEA1/000002 servizo de expedición dos títulos oficiais e de suplementos europeos ao título (SET) dos alumnos da USC, publicado no Diario Oficial de Galicia o 21 de xuño de 2016 (nº 117), procédese á súa corrección:

Onde di:

Criterios

Valoración (%)

Sobre C: criterios valorables por fórmula:

80

Prezo: 50 puntos:

Oferta máis económica = (oferta que se valora – oferta máis económica) × 50

                                      (orzamento de licitación – oferta máis económica)

50

Melloras: 30 puntos.

1. Mellora nos sistemas de envío e recepción dos títulos: 10 puntos.

– Posta á disposición de sistemas informáticos para o seguimento da xestión da impresión de títulos e SET: 7 puntos.

– Posta á disposición da USC da información xerada pola personalización dos títulos: 3 puntos.

2. Mellora na documentación e datos de entrega aos alumnos (soportes e contidos): 10 puntos.

– Entrega de formatos complementarios aos alumnos (copia dixital, facsímil…): 3 puntos.

– Entrega de títulos con contidos adicionais (sobres personalizados, tubos personalizados…): 7 puntos.

3. Colaboración na xeración e entrega do e-SET: 10 puntos.

– Xeración de formatos de e-SET: 7 puntos.

– Entrega de datos á USC para a xeración do e-SET: 3 puntos.

30

Sobre B: criterios non avaliables de forma automática.

Memoria técnica do servizo para a súa boa execución. Plan de xestión.

20

Debe dicir:

Criterios

Valoración (%)

Sobre C: criterios valorables por fórmula:

50

Prezo: 50 puntos:

Oferta máis económica = (oferta que se valora – oferta máis económica) × 50

                                      (orzamento de licitación – oferta máis económica)

50

Sobre B: criterios non avaliables de forma automática:

50

Melloras: 30 puntos.

1. Mellora nos sistemas de envío e recepción dos títulos: 10 puntos.

– Posta á disposición de sistemas informáticos para o seguimento da xestión da impresión de títulos e SET: 7 puntos.

– Posta á disposición da USC da información xerada pola personalización dos títulos: 3 puntos.

2. Mellora na documentación e datos de entrega aos alumnos (soportes e contidos): 10 puntos.

– Entrega de formatos complementarios aos alumnos (copia dixital, facsímil…): 3 puntos.

– Entrega de títulos con contidos adicionais (sobres personalizados, tubos personalizados…): 7 puntos.

3. Colaboración na xeración e entrega do e-SET: 10 puntos.

– Xeración de formatos de e-SET: 7 puntos.

– Entrega de datos á USC para a xeración do e-SET: 3 puntos.

30

Memoria técnica do servizo para a súa boa execución. Plan de xestión.

20

Esta modificación non afecta os prazos de presentación de ofertas e de apertura de propostas.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela