Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, da subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable destinado ao IGVS, mediante acordo marco cun único empresario (expediente IGVS03-16).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contrato de subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable destinado ao IGVS, mediante acordo marco cun único empresario.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio, mediante acordo marco.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cento doce mil oitocentos vinte euros con sesenta e seis céntimos (112.820,66 €).

b) IVE (21 %): vinte e tres mil seiscentos noventa e dous euros con trinta e nove céntimos (23.692,39 €).

c) Importe total: cento trinta e seis mil cincocentos trece euros con cinco céntimos (136.513,05 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación. A proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación:

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexe a contratación poderán obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Area Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=46709. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do decimo quinto (15) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios de adxudicación avaliables mediante fórmula) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e data que serán anunciados no perfil do contratante, nun prazo non superior a 7 días contado desde a apertura da documentación administrativa.

10. Gasto do anuncio:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo