Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública do Plan xeral de ordenación urbana.

I. Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 18 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, nos termos que figuran no expediente e, así mesmo, acordou abrir un período de información pública por un período de dous meses, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e, ademais, en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

II. A Xunta de Goberno Local do 7 de xuño de 2016 adoptou o acordo seguinte:

Primeiro. Ampliar nun mes máis o período de información pública do PXOM aprobado inicialmente polo Pleno municipal o 18 de marzo de 2016, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e, ademais, en dous dos xornais de maior difusión da provincia. O mes empezará a computarse desde a inserción do anuncio no DOG.

Segundo. Dado que o anuncio para o prazo dos dous meses foi publicado no DOG do 7 de abril de 2016 e, por tanto, remata o 7 de xuño de 2016, desde esta data ata que comece o cómputo do novo prazo adicional dun mes, seguirá o PXOM en exposición pública e será aceptada a presentación de alegacións.

Chantada, 14 de xuño de 2016

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde