Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31600

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4521/2008-E).

Procedemento ordinario 4521/2008-E

Recorrente: Giráldez BDR, S.L.

Letrado: Javier García Martínez

Procuradora: Elena Miranda Osset

Admón. demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Letrado da Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo. Letrado do Concello de Vigo

Procurador: Sr. Lage Fernández Cervera

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4521/2008 acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo, con data do 11 de novembro de 2015, e se remita a esta Sección fotocopia da folla en que se publique, con indicación da data, para a súa unión aos autos de referencia.

«1. Que debemos declarar e declaramos procedente o recurso de casación número 1913/2014, interposto polo procurador Ramón Rodríguez Nogueira, en nome e representación das entidades mercantís Giráldez BDR, S.L., M. Vázquez Promoción de Edificios, S.L., Grupo Arines 7, S.L., Solterra, S.A., Hipercor, S.A., así como de Severino Estévez Comesaña, contra a Sentenza do 20 de febreiro de 2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso número 4521/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2. Que estimando o recurso contencioso-administrativo número 4521/2008, interposto polas mencionadas partes agora recorrentes, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, do 18 de maio de 2008, pola que se aproba definitiva e parcialmente o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, así como a posterior Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 13 de xullo de 2009, que aprobou definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que na primeira quedaron en suspenso, nulidade que comprende tamén a do propio Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo aprobado nelas.

3. Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia, nin tampouco neste recurso de casación.

Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

A Coruña, 27 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza