Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2002/88/15).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.4 do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

O expediente está á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o expediente e presentar as alegacións e a documentación que considere oportunas, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 27 de xuño de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2002/88/15.

Interesada: Mónica Liliana Ortiz Sarmiento.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.