Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

O lugar onde se poderá recoller a resolución é a sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: Jualián Zubimendi Sánchez-Ocaña.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: María Dolores Rodríguez Novoa.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Manuel Santorum Hermida.