Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2005/108/27 e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións.

As persoas interesadas poderán interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 28 de xuño de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Asunto

Data da resolución

Francisco Javier Bellas Bermúdez

2005/108/27

Modificación de recurso

31.7.2015

José Antonio Romero Romero

2005/226/27

Modificación de recurso

9.11.2015

Mirtha Elizabeth Fernández Gammariello

2006/1/27

Modificación de recurso

14.12.2015

Sabrina Santos Silva Castro

2009/67/27

Modificación de recurso

10.6.2016

Ricardo Jiménez Rojas

2014/79/27

Cesamento de recurso

13.11.2015

Sara Lourdes González Ramírez

Sara Lourdes González Ramírez

2014/79/27

Concesión de recurso

12.1.2016

Francisco Porto López

2014/206/27

Prórroga de recurso

22.9.2015

Francisco Porto López

2014/207/27

Prórroga de recurso

22.9.2015

Francisco Porto López

2014/208/27

Prórroga de recurso

22.9.2015

Francisco Porto López

2014/209/27

Prórroga de recurso

22.9.2015

Francisco Porto López

2014/210/27

Prórroga de recurso

22.9.2015

Servando José González Barreiro

2015/81/27

Concesión de recurso

17.6.2016