Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2016, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, sobre notificación por comparecencia para a realización dun control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2011, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), vai realizar un control financeiro a Clemence Marie Aymard en relación coa subvención percibida «Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo», financiada con fondos propios con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente faise saber:

1. Que intentada a notificación de control financeiro a Clemence Marie Aymard, non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Clemence Marie Aymard ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega da notificación de control financeiro a Clemence Marie Aymard.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non compareceron, a notificación entenderanse producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Almudena Chacón Pichel
Interventora xeral da Comunidade Autónoma