Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 146/2016, interposto por María Teresa Negreira Pazos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 146/2016, interposto por María Teresa Negreira Pazos, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2016 pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 23 de febreiro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014, pola que se publican diversos acordos do tribunal.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública