Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2016/221-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT saídas FRI801, FRI803, FRI804, FRI807, FRI809, FRI810 Frieira subestación.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

– Instalación de SXS na LMT aérea existente no apoio metálico en nodo 6.

– LMT subterránea a 20 kV de 1.010 m, con condutor RHZ1 12/20 kV-3×240 Al e con orixe na sala de celas (nova localización) e remate na galería visitable subestación Frieira (antiga localización).

– LMT subterránea a 20 kV de 80 m con condutor RHZ1 e con orixe na nova sala de celas e remate no punto de acceso nº 2 proxectado.

– LMT subterránea a 20 kV de 241 m con condutor RHZ1 e con orixe no punto de acceso nº 2 proxectado e remate no CS.SS.AA, C.H Frieira (32CGX4) (enlace coa cela existente).

– LMT subterránea a 20 kV de 60 m con condutor RHZ e con orixe no punto de acceso nº 4 proxectado e remate en PAS proxectado en pórtico existente.

Orzamento: 131.365,91 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de xuño de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense