Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2016/222-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle,

Denominación: recuamento LMTS saída FRI 802- Renfe 2 sub. de Frieira.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 180 m, con condutor RHZ1 (AS)-12/20 kV-3x240 Al e que ten a súa orixe na sala de celas subestación Frieira (nova localización) e o remate na galaría visitable subestación (antiga sala de celas).

Orzamento: 12.915,71 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de xuño de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense