Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2016/233-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA POR707 e CTI Bustelo.

Situación: Silleda.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 en dous tramos:

1. 12 metros; orixe: apoio proxectado C-2000/16 baixo a traza da LMTA existente, no tramo POR7074904; final: centro de transformación intemperie (CTI) existente Curbeira.

2. 421 metros; orixe: apoio proxectado C-2000/16; final: CTI proxectado Bustelo.

Centro de transformación intemperie de 100 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no lugar de Bustelo, Escuadro, Silleda.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Silleda; lugar: Bustelo; titular: Mª del Carmen González García; afección: 12,96 m2 para o apoio nº 1 e 58,37 m2 de voo correspondentes a 13,21 metros de liña aérea.

Predio 2. Municipio: Silleda; lugar: Bustelo; titular: Natalia Collazo Villanueva; afección: 14,58 m2 para os apoios nº 2 e 3 e 1.915,26 m2 de voo correspondentes a 159 metros de liña aérea.

Predio 3. Municipio: Silleda; lugar: Bustelo; titular: José Maceira Froiz; afección: 10,62 m2 para os apoios nº 3 e 4 e 1.399,70 m2 de voo correspondentes a 117,55 metros de liña aérea.

Predio 4. Municipio: Silleda; lugar: Bustelo; titular: Mª Clara Álvarez Montero; afección: 17,16 m2 para o apoio nº 5 e 1.389,80 m2 de voo correspondentes a 123,88 metros de liña aérea.