Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (595/2015).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que nos autos 595/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Maryeri Latorre García contra a empresa Rafael Saenz de Heredia Area, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte: estimando a demanda interposta por Maryeri Latorre García fronte á empresa Rafael Saenz de Heredia Area, condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.595,60 euros, con xuro do 10 % por mora respecto das cantidades que teñan natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer ningún recurso, artigo 191.2.g) da LRXS.

Para que sirva de notificación en legal forma a Rafael Saenz de Heredia Area, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza