Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (426/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 426/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jaime Iglesias Rey contra Alfa Instant, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Jaime Iglesias Rey, contra a entidade Alfa Instant, S.A., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Alfa Instant, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 13.716,07 € líquidos, por salarios devindicados entre xaneiro e xullo de 2014 e paga extra de xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alfa Instant, S.A. , en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza