Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de limpeza do centro de saúde de Panxón, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-EIV1-16-035).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211, Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro de saúde de Panxón.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega: centro de saúde de Panxón.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 126.720,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 57.600,00 € IVE, 12.096,00 €, importe total 69.696,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación da solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 29 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo