Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de tarxetas sanitarias para o Sistema de información poboacional de Galicia (expediente MS-CON1-16-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3 de agosto de 2016.

d) Número de expediente: MS-CON1-16-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de tarxetas sanitarias para el Sistema de información poboacional de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 30160000-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Lote 1: criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica (prezo)

100

Lote 2: criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Metodoloxía empregada

20

Lote 2: criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica (prezo)

70

Características medioambientais

4

Calidade do papel e sobre

4

Capacidade de produción

2

4. Valor estimado do contrato: 355.409,60 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 136.696 euros. Importe total: 165.402,16 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3 de agosto de 2016.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince días para o lote 1 e dous meses para o lote 2, contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde ao día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C (para o lote 2), publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver punto 26 da folla de especificacións (carátula).

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de xuño de 2016.

12. Outras informacións: si, ver punto 28 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos