Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31341

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016 referente á convocatoria para prover a praza de operario encargado de obras e servizos municipais.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 117, do 20 de xuño de 2016 publicouse o texto íntegro das bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de persoal laboral fixo, operario encargado de obras e servizos municipais mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso selectivo será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 23 de xuño de 2016

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa