Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30081

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión.

Mediante a Resolución do 24 de novembro de 2015 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión (DOG núm. 236, do 11 de decembro) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2016.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, substituíndose a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 23 de xuño de 2016 de concesión das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. A Resolución do 23 de xuño de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica