Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30082

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (337/2015).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Rosa María Costas Suárez fronte a Manuel Núñez Arias se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 214.

En Vigo o catorce de abril de dous mil dezaseis.

Rosa María López Barral, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 337/2015 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Rosa María Costa Suárez, representada pola procuradora dos tribunais Raquel Barreiro Viñas e con asistencia letrada de Eva Susana Núñez Costas, contra Manuel Núñez Arias, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido:

Que debo estimar e admito integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barreiro Viñas, en nome e representación de Rosa María Costa Suárez contra Manuel Núñez Arias, en situación procesual de rebeldía, e en consecuencia, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá, se é o caso, ante este xulgado no prazo de vinte días a partir da súa notificación.

Así, por esta sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Núñez Arias, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 3 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza