Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 864/2012).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 864/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación de Selvicultores de Galicia, Asociación de Autónomos de Galicia, Asociación Comuni-K2, Social Media 21, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renasci, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores de Galicia e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza: 152/2016

En Santiago de Compostela o 17 de xuño de 2016

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 864/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Pilar Míguez Camino, asistida polo letrado Manuel López Núñez, contra Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (Silvanus Galicia), Asociación Comuni-K2, Social Media 21, S.L., Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores de Galicia (Asaja Galicia), Asociación de Mulleres e Familias de Ámbito Galego (Amfar Galicia), Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal (Afrifoga), Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia (Aproca), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, S.L., Asociación de Autónomos de Galicia (Audegalia) e Consorcio Renasci, que non comparecen, e contra MLV Abogados (Manzano, Lamela, Vinagre y Asociados, S.L.), que comparece asistida e representada polo letrado Miguel Lamela Méndez, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que, apreciando a excepción de cousa xulgada en relación coa entidade Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, producida polo decreto ditado no procedemento DOI 865/2012 deste mesmo xulgado, considero parcialmente a demanda e condeno solidariamente a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja Galicia), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia (Aproca), Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación de Selvicultores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga), a pagar á demandante 5.847,35 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET calculados na forma indicada no fundamento xurídico quinto desta resolución. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Absolvo as restantes codemandadas dos pedimentos de condena contidos na demanda e nos escritos de ampliación desta.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación de Selvicultores de Galicia, Asociación de Autónomos de Galicia, Asociación Comuni-K2, Social Media 21, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renasci, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza