Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 8 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintas causas para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que, segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio); no Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG núm. 213, do 8 de novembro); no Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 88 51 25.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 8 de xuño de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Sanjurjo Places, Silvia

036140742Z

Reyes Cal, Diana

044087606X

Villalta Cruz, Fabiola

048916639D

Beltre Vargas, Adrián Alexander

Y03372286V

Bernal Calle, Bertha Olivia

077682279D

García Lamas, José Antonio

035464201H

Madarnas Bernárdez, Lorena

036175008X

Vladimirova, Pavlina

X08726779G

Lis Prieto, Baldomero

076864168P