Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa de servizos para a xestión e explotación da cafetaría mediante procedemento aberto.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación administrativa de servizos para a xestión e explotación da cafetaría do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información.

1º. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 661, do 17 de xuño de 2016, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Telefax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-5/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: xestión e explotación da cafetaría.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de dous anos máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 49 puntos; criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo, de 0 a 51 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 440.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 110.000,00 €. Importe total: 121.000,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesiones públicas, para os sobres B e C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e hora que oportunamente se comunicará a licitadores e se publicará na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG núm. 661, do 17 de xuño de 2016 e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia