Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (74/2014).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 74/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María del Carmen Lafuente Sánchez contra a empresa Cedomín, S.L., Martina Álvarez, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, dezaseis de xuño de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 74/2014 sendo parte neste, dun lado, como demandante, o letrado Felipe Carlos Martínez Ramonde, actuando en nome e representación de María del Carmen Lafuente Sánchez, e como demandado Cedonín, S.L., representada polo letrado Jorge Eiroa Casas, Martina Álvarez, S.L., da que desiste a parte demandante e Fogasa que non comparecen a pesar de seren citadas en legal forma, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María del Carmen Lafuente Sánchez debo condenar e condeno a empresa Cedomín, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.195,84 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Apróbase a desistencia respecto de Martina Álvarez, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de Depósitos e Consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cedomín, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 16 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza