Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (23/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 23/2014 deste xulgado do Social, seguidos a instancia de María José Pérez Faraldo contra a empresa N.C. Irmáns, S.L., Fogasa, sobre salarios, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva achéganse:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, vinte e dous de febreiro de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e, como demandante, María José Pérez Faraldo, que comparece asistida do letrado Pedro Manuel Pedreira Candal e doutra, como demandado, N.C. Hermanos, S.L. e Fogasa, que non comparecen a pesar de estar citados en legal forma, sobre reclamación de salarios, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María José Lépez Faraldo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa NC Hermanos S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.862,03 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a N.C. Hermanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza