Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña. Campaña verán 2016 (expediente 20/2016).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 20/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 94, do 19 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 183.440,91 euros. IVE (10 %): 18.344,09 euros. Importe total: 201.785,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 16 de xuño de 2016.

b) Contratista: José Fajardo, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 182.239,95 euros. IVE (10 %): 18.224,00 euros. Importe total: 200.463,95 euros.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña