Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de substitución das carpintarías exteriores do centro de menores San José de Calasanz na Coruña, cofinanciadas con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores), contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 42/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de substitución das carpinterías exteriores do Centro de menores San José de Calasanz na Coruña cofinanciadas con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 «Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores», prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1 «Mellorar a eficiencia enerxética e a redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos», actuación 1.

b) Referencia de nomenclatura: CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2; CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0.

c) Lugar de execución: A Coruña.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: douscentos trinta e sete mil oitocentos dezasete euros con cinco céntimos (237.817,05 €), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (9.827,15 €)).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=45516

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o vixésimo sexto día natural ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado no horario establecido no dito rexistro.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=45516, con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral da Consellería de Política Social