Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015194TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de maio de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2015194TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Ana María Rodríguez Arias.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ana María Rodríguez Arias o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 10 de xuño de 2016

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015194TA-LU.

Denunciada: Ana María Rodríguez Arias.

DNI: 33337712V.

Último enderezo coñecido: rúa Campo da Feira, 8, 27120 Castroverde.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Resolución: declaración de non existencia de infracción.