Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29364

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1504/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1504/2015 seguido como recorrente Subministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L., María das Graças Caramello Bittencourt, Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Unión Fenosa Distribución, S.A., Consellería de Medio Ambiente, Copredije, S.A., Dido Roberto Legat Capelo da Costa, Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa sobre recarga de accidente, se ditou no día da data sentenza cuxa parte dispositiva di:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Feliciano Nogueira Vidal, na representación que ten acreditada da empresa Sielvigo, S.L., desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Antonio Pérez Fernández, na representación que ten acreditado da empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.A. e estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Merens Ribao, en nome e representación de María das Graças Caramello Bittencourt e de Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa, contra a sentenza con data do dezasete de novembro de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia da empresa Sielvigo, S.L. fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Extraco Construccións e Proxectos, S.A., Copredije, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A., a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, María das Graças Caramello Bittencourt e Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa, aos que teñen acumulado autos seguidos por instancia de María das Graças Caramello Bittencourt e de Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Sielvigo, S.L., Extraco Construccións e Proxectos, S.A., Copredije, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A. e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e autos seguidos a instancia da empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.A., fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a comunidade hereditaria do traballador falecido Dido Manuel da Silva Capelo da Costa, composta por María das Graças Caramello Bittencourt, Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa, Dido Roberto e Ludmila Patrica Legat Capelo da Costa sobre accidente de traballo-recarga por falta de medidas de seguridade, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, condenando a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, de forma solidaria coas empresas Sielvigo, S.L. e Extraco Construccións e Proxectos, S.A., ao pagamento da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade imposto por Resolución da Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Pontevedra (Vigo) con data do 29 de xaneiro de 2013, confirmando o resto dos pronunciamentos condenatorios e absolutorios contidos na resolución recorrida e impoñendo as custas dos recursos ás partes recorrentes vencidas nestes, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), para cada unha das empresas recorrentes, en concepto de honorarios dos letrados Manuel Merens Riabao e Rosario Rodríguez de la Morena.

Procede acordar a perda dos depósitos constituídos para recorrer, aos que se dará o destino legal, unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

–  Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, e polo Real decreto lei 1/2015, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (remuneración da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo, e pola Orde HAP/861/2015, do 7 de maio.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dido Roberto Legat Capelo da Costa e Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa con último domicilio coñecido na rúa Zamora, 81 baixo esquerda de Vigo, e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de xuño 2016

A letrada da Administración de xustiza