Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (970/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 970/2012 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Juan Manuel Couselo Fernández contra Fogasa, Forensic Solutions, S.L.P. Administrador concursal, Esabe Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte resolución cuxa decisión se achega:

«Decisión.

Que considerando integramente a demanda interposta por Juan Manuel Couselo Fernández, contra Esabe Vigilancia, S.A, Forensic Solutions, S.L.P. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 3.320,04 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como o aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal, a estar e pasar pola devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza