Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (338/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 338/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza Díaz Piñeiro contra herdanza xacente da empresa Pedro Franco Barreiro, chamados a herdar, Anxos Franco López, Pedro Franco López sobre ordinario, acordouse citar os posibles chamados a herdar da herdanza xacente do falecido Pedro Franco Barreiro, que resultan descoñecidos, para que o día 9 de abril de 2018 ás 11.00 horas comparezan na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1-4ª planta, sala 9, de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo, prevíndoos de que ao acto para o que se lles cita deberán concorrer con todos os medios de proba de que intenten valerse e que na falta de asistencia a este non suspenderá a súa celebración, recaéndolle o prexuízo a que houber lugar en dereito, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LPL, para os efectos de facer posteriores comunicacións.

E para que sirva de citación aos chamados a herdar da herdanza xacente de Pedro Franco Barreiro, que resultan descoñecidos, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de xuño de 2015

Rafael González Alió
Letrado da Administración de xustiza