Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral temporal de 6 peóns de sevizos varios.

Por Resolución da Alcaldía, con data do 28 de xuño de 2016, convócase proceso de selección para a contratación urxente con carácter temporal, a tempo parcial, mediante o sistema de concurso, de seis peóns de servizos varios, para a realización do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais financiado pola Deputación Provincial da Coruña.

O período de contratación é de cinco meses.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán a disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

Arzúa, 30 de xuño de 2016

José Luis García López
Alcalde