Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de enerxía eléctrica (expediente 05/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, o 9.6.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 05/16).

2. Obxecto do contrato: subministración de enerxía eléctrica.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 858.562,60 € (709.555,87 € máis 149.006,73 € en concepto de IVE), polo prazo dun (1) ano (prorrogable por un (1) ano).

5. Garantías: non se exixen.

6. Envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.6.2016.

7. Prazo de presentación das proposicións: 26.7.2016.

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 16 de xuño de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa