Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral temporal, a xornada parcial, dun auxiliar da radio municipal.

Por Resolución da Alcaldía con data do 23 de xuño de 2016, convócase proceso de selección para a contratación urxente dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de oposición libre.

O período de contratación é de dous meses e medio.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

Arzúa, 30 de xuño de 2016

José Luis García López
Alcalde