Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (81/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 81/2013 deste xulgado do social, seguido a instancia de Raúl Varela Munín contra Auto Arte Galicia, S.L. sobre cantidade, se ditou sentenza co número 130/2016 con data do 7 de xuño de 2016 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 81/2013 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Raúl Varela Munín, asistido pola letrada Sra. Vila Amarelle; contra Auto Arte Galicia, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; logo de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española ditou a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decido:

Que considerando integramente a demanda interposta por Raúl Varela Munín contra Auto Arte Galicia, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.000,68 euros polos conceptos indicados no feito probado noveno desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa haberá que aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auto Arte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza