Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (87/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 87/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Aboy Rodríguez contra Julia Vázquez Figueiras, Manuel González Herrero y Simeco Sistemas Metálicos para Edificación Civil, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución na cal se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada o 23.5.2015 no procedemento ordinario seguido perante este xulgado co número de autos 53/13 a favor da parte executante, José Manuel Aboy Rodríguez, fronte a Julia Vázquez Figueiras, Manuel González Herrero e Simeco Sistemas Metálicos para Edificación Civil, S.L., partes executadas en forma solidaria, por importe de 28.000 euros en concepto de principal, máis outros 2.800 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Simeco Sistemas Metálicos para Edificación Civil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza