Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/57/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 25 de abril de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/57/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico consistentes na construción de varias edificacións destinadas a un uso residencial ocasional, no lugar de Catroventos, parroquia de Conturiz, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Antonio López López, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida o día seguinte ao desta publicación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística