Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2016 pola que se notifica o traslado ao concello para a adopción de medidas de reposición da legalidade urbanística no expediente LUG/57/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o 4 de abril de 2016, poñer en coñecemento da alcaldesa de Lugo as obras de construción dunha piscina ao aire libre e dunha soleira de formigón arredor desta, na parcela 96 do polígono 533, no lugar de Catroventos, na parroquia de Conturiz, no termo municipal de Lugo, para que, no exercicio das súas competencias, adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo III do título VI da LSG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Antonio López López, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comun (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida o día seguinte ao desta publicación.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística