Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de denegación del Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349F 2016/042-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo, no último domicilio coñecido da interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2016/042-5.

Nome: Mónica Cal Balsa.

CIF/NIF: 45906048A.

Último enderezo coñecido: rúa Regueiro, 4, 2º B, 36211 Vigo.

Tipo de axuda: axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data: 3.6.2016.