Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Notifícaselle a interesada, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo I, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 (LRJ-PAC), e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Reglamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 20 de xuño de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expte.

Nº acta infracción

Nome ou razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

30/16

I322016000006945

Joaquina Fdez. Casares

34902010-Q

R/ Casa Lomberte, 5, 1º E, 32660 Allariz (Ourense)

8.6.2016

1.252,00 €