Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28731

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das táboas salariais para o ano 2016 do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2016, que se subscribiu entre a representación empresarial Agesef e Fegaserfu e as organizacións sindicais UGT Galicia e S.N. de CC.OO. de Galicia, do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, na xuntanza que tivo lugar o 4 de febreiro de 2016, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Secretaría Xeral de Emprego resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do V convenio colectivo autonómico para o sector de Pompas Fúnebres de Galicia

Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do día 4 de febreiro de 2016, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Representación empresarial

José Luis Varela Tabarés (Agesef)

Pedro de Diego Olavarrieta (Agesef)

José Becerra Vázquez (Fegaserfu)

Representación social

Serafín Álvarez Seoane (UGT-Galicia)

Miguel Ángel Soto García (UGT-Galicia)

Óscar Soto Collazo (UGT-Galicia)

Pablo López Fernández (UGT-Galicia)

Eduardo Brión Dorca (S.N. de CC.OO. de Galicia)

Logo do debate e análise das cuestións obxecto da presente xuntanza polas representacións presentes nesta comisión, procede reflectir na acta o seguinte.

1. Apróbanse as táboas salariais do ano 2016 segundo o disposto no artigo 19 do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, que quedan do seguinte xeito:

Tablas salariales 2016

Categorias

Salarios

Bruto anual

Xefe administrativo

21.477,61 €

Oficial 1ª administrativo

17.343,18 €

Oficial 2ª administrativo

16.345,78 €

Auxiliar administrativo

15.180,16 €

Funerario 1ª

17.343,18 €

Funerario 2ª

15.180,16 €

Funerario 3ª

14.117,55 €

Azafata

15.180,16 €

Mantemento e limpeza

14.117,55 €

2. Os membros da Comisión delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade dos acordos reflectidos na presente acta ante a autoridade laboral competente.

Ao non ter máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 12.30 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto a presente acta, que asinan, por duplicado exemplar, todos os asistentes en proba de conformidade.