Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1014/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1014/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Abuín Reboiras contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di así:

Parte dispositiva.

Dispoño ter por desistido a David Abuín Reboiras da súa demanda contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, administrador concursal da entidade Campiñas de Laíño, S.A., María José Lorenzo Gómez, administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., e Fogasa.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese testemuño del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LRXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza