Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (234/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 234/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Fraga López contra Agro das Sebolas, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Ana María Fraga López contra a entidade Agro das Sebolas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 16 de febreiro de 2016, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (7.6.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Agro das Sebolas, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.707,32 €, e por salarios de tramitación a razón de 4.634,56 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ana María Fraga López contra a entidade Agro das Sebolas, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno esta a que aboe á demandante a cantidade de 1.300,83 € brutos, polos salarios devindicados en febreiro de 2016 e liquidación de pagas extras, e a compensación económica por falta de aviso previo, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Agro das Sebolas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza