Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (118/2015).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 118/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vanesa Martínez Dopazo contra a empresa Trinidad García Padín, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Acordo.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Vanesa Martínez Dopazo fronte a Trinidad García Padín.

– Alzar os embargos trabados nas actuacións para cuxo fin se librarán os oportunos oficios.

– Transferir o sobrante existente, 84,13 euros, ao procedemento seguido ante este xulgado de execución de títulos xudiciais 77/16.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vanesa Martínez Dopazo, Trinidad García Padín, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza