Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e o pagamento dos depósitos previos dos bens e dereitos afectados polas obras da autovía Carballo-Baio norte. Corredor Baio norte-Santa Irene. Traballos Baio norte-Berdoias, nos termos municipais de Coristanco, Cabana de Bergantiños, Carballo, Zas e Vimianzo (clave AC/10/140.01.75).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 2 de outubro de 2008 a Xunta de Galicia declaraou de utilidade pública e urxente ocupación os bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para o proxecto de trazado da obra de nova infraestrutura viaria Costa da Morte. Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias (clave: AC/06/140.01.75) mediante o Decreto 223/2008, publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de outubro.

Con data do 16 de decembro de 2008, o director xeral de estradas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto construtivo da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias.

Con data de 27 de outubro de 2009, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto construtivo da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, desdobramento do treito Baio- Berdoias.

Mediante Resolución do 10 de maio de 2011 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou o contrato de concesión de obra pública para a construción da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias á sociedade Autoestrada Costa da Morte, sociedade concesionaria da Xunta de Galicia, Sociedade Anónima.

Con data do 22 de xuño de 2016 o director da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o proxecto de Autovía Carballo-Baio Norte. Corredor Baio Norte-Santa Irene. Traballos Baio Norte-Berdoias, e que leva implícita a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños, Carballo, Zas e Vimianzo, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Coristanco.

Lugar: edificio de servizos múltiples de Coristanco.

Data: 26 de xullo de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde o A ate García Martínez, Mª Pura.

Data: 27 de xullo de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde García Varela, Carmen ate o Z.

Termo municipal de Cabana de Bergantiños.

Lugar: Casa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Data: 28 de xullo de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

Termo municipal de Carballo.

Lugar: Casa do Concello de Carballo.

Data: 29 de xullo de 2016, das nove horas trinta minutos ás nove horas corenta e cinco minutos.

Termo municipal de Zas.

Lugar: Casa do Concello de Zas.

Data: 29 de xullo de 2016, das dez horas ás once horas trinta minutos.

Termo municipal de Vimianzo.

Lugar: casa da cultura de Vimianzo.

Data: 29 de xullo de 2016, das doce horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños, Carballo, Zas e Vimianzo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poderán facerse acompañar ao seu cargo, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8º andar) as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu tamén proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para os termos municipais de Coristanco, Cabana de Bergantiños, Carballo, Zas e Vimianzo, con motivo das obras de referencia, o cal terá lugar:

Termo municipal de Coristanco.

Lugar: edificio de servizos múltiples de Coristanco.

Data: 3 de agosto de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde o A ate García Martínez, Mª Pura.

Data: 4 de agosto de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde García Varela, Carmen ate o Z.

Termo municipal de Cabana de Bergantiños.

Lugar: Casa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Data: 5 de agosto de 2016, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

Termo municipal de Carballo.

Lugar: Casa do Concello de Carballo.

Data: 8 de agosto de 2016, das nove horas trinta minutos ás nove horas corenta e cinco minutos.

Termo municipal de Zas.

Lugar: Casa do Concello de Zas.

Data: 8 de agosto de 2016, das dez horas ás once horas.

Termo municipal de Vimianzo.

Lugar: casa da cultura de Vimianzo.

Data: 8 de agosto de 2016, das doce horas trinta minutos ás trece horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público, para xeral coñecemento, e advírteselles aos interesados que o pagamento se fará precisamente ao que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado. Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou do Consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto xuntando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

A Coruña, 23 de xuño de 2016

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña