Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador MON-PO-0008/2016-VNA e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o días seguinte.

Pontevedra, 17 de xuño de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: MON-PO-0008/2016-VNA.

Denunciada: Konstrucciones Forestales e do Campo, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0013/2016-CSA.

Denunciada: Elvira Domínguez Tellado.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0081/2015-BA.

Denunciado: Manuel A. Martínez Rodiño.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0024/2016-IA.

Denunciado: Horacio Coira Barreiro.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: ICA-PO-0032/2016-U.

Denunciada: Obited Comunicaciones, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: C-R-PO-0001/2016-TG.

Denunciada: Alpatina Meat Gallega, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.